Site icon Crónica3.com A Mariña

A Consellería de Cultura e Educación destina preto de 52.000 euros á cuberta do pavillón do Colexio O Cantel de Foz

Foz, 23 de marzo de 2018.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria investirá 51.773 euros na reparación da cuberta do pavillón do Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) O Cantel, no municipio de Foz.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou hoxe o centro para explicar as intervencións previstas. Estivo acompañado pola xefa territorial da consellería, Mariña Gueimunde; o alcalde da localidade, Javier Castiñeira, e o director do colexio, Celestino Varela, entre outros.

As obras consisten na instalación de chapa simple prelacada sobre a cuberta existente así como un illamento intermedio con manta de fibra de vidro de 80 milímetros de espesor. Tamén se substituirán os caneiros existentes.

Balseiro explicou que as actuacións teñen un prazo de execución de 30 días e acometerase durante o verán, para non interromper a actividade docente que se desenvolve no pavillón. Estes traballos -afirmou- “enmárcase no esforzo da Xunta de Galicia por manter en condicións óptimas as instalacións dos centros educativos públicos, para que os escolares reciban a mellor formación no entorno máis apropiado”.

Exit mobile version