Site icon Crónica3.com A Mariña

A Consellería do mar destaca a calidade do ourizo na festa dedicada a esta especie en Cervo

A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, enxalzou hoxe a calidade do ourizo da Mariña lucense, unha especie que aporta dinamismo socioeconómico á zona. Fíxoo durante a inauguración da festa que se celebra en San Cibrao para enxalzar esta especie. Tamén destacou o labor dos profesionais para impulsar a potencialidade desta especie e o seu valor comercial. Ademais agradeceu o traballo do concello de Cervo na organización desta festa e tamén o dos colaboradores e hostaleiros que forman parte dela.

Exit mobile version