Site icon Crónica3.com A Mariña

A deputada do BNG no Parlamento europeo, Ana Miranda reuníuse co sector pesqueiro en Celeiro

Viveiro 17-3-18. Este venres 16 de marzo visitou Viveiro a nosa deputada no parlamento europeo, Ana Miranda e desprazouse a Porto de Celeiro, acompañada tamén pola responsable comarcal do BNG Ana Ermida, membros da executiva
comarcal e do consello local do BNG en Viveiro. Por parte de Porto de Celeiro asistiron o seu presidente e o consello de administración, e tamén asistiron representantes da Confraría, co seu presidende ao frente.
Tratáronse varios temas de vital importancia para o noso concello, tales coma o saneamento da ría e a reparación do emisario submarino, roto desde hai dous anos a escasos metros das instalacións de Porto de Celeiro. Desde o BNG local e desde o colectivo pesqueiro de Celeiro trasladáronlle a Ana Miranda a preocupación polo saneamento, e a parlamentaria comprometeuse a facer un seguimento do convenio asinado a tal efecto en setembro de 2016 entre a Xunta e o Concello de Viveiro para executar unhas obras que tiñan que comezar en decembro de 2016 e finalizar en decembro de 2020, e sen que ata o momento se iniciase a obra. En dito convenio recollíase que esta actuación era financiada nun 80% con fondos FEDER, da Unión Europoea.
Por Parte de Porto de Celeiro e da Confraría de Celeiro tamén lle trasladaron á deputada nacionalista, que forma parte da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo e da Comisión de Peticións, as súas inquietudes polos efectos que poida ter o Brexit na flota celeirense e mariñá que faena en augas británicas.
Así mesmo, entre mais temas de interese, abordouse tamén o tema dos descartes en pesca. Nos dous casos,, Ana Miranda comprometeuse á defensa dos intereses da nosa flota

Exit mobile version