Site icon Crónica3.com A Mariña

A directiva da SD Ribadeo convoca eleccioóns á presidencia do club. O prazo para a presentación de candidaturas finaliza o 2 de abril

O día 30 de xuño deste ano finalizará o mandato da actual directiva da SD Ribadeo, que preside Nicasio Castañal Fernández, e na asamblea ordinaria de socios celebrada o día 12 deste mes de marzo acordouse fixar o día 2 de abril ata as 20:00 horas para a presentación de candidaturas á presidencia do club de fútbol SD Ribadeo. A actual directiva explica que en caso de que se presente unha soa candidatura a xunta electoral procederá ao nomeamento automático como presidente ao único candidato ou candidata. E se hai máis dunha candidatura convocaranse votacións para o día 12 de abril, xoves, dende as 19:00 ata as 21:00 horas.

Exit mobile version