Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma Sanitaria anuncia a posta en marcha dunha unidade móbil de axuda coas reclamacións (UMAR)

A Mariña a 24 de marzo de 2018. Tras a valoración inicial a pé de Parlamento da sesión plenaria celebrada o pasado día 20 onde o PP, nunha actitude prepotente, soberbia, chulesca e sen escoitar ás alegacións da oposición nen ter en conta as enmendas ao texto da reforma da lei de saúde de Galicia, a Plataforma Sanitaria reuniuse para unha valoración máis profunda e pausada do acontecido en Compostela. Decidiuse en primeiro lugar que pese ao rodillo pasado polo PP a Plataforma vai seguir adiante coas súas reivindicacións . ” A loita non rematou. Se ben é verdade que este foi un golpe baixo e moi duro para a Comarca ao roubarnos a nosa área sanitaria seguimos en pé, non conseguiron vencernos e continuaremos con actuacións que serán un pouco diferentes pero non por iso menos efectivas”- manifesta o portavoz da Plataforma.
En relación ás futuras actuacións anuncian a posta en marcha dunha Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións ( UMAR ) . Dita unidade consiste nunha mesa que se colocará unha vez ao mes tanto no hospital coma nun centro de saúde, de xeito que o primeiro martes de cada mes estará na entrada do hospital en horario de 11 a 13 horas e o terceiro martes do mes rotará por cada un dos centros de saúde da comarca. ” Comezamos o próximo martes día 3 de abril de 11 a 13 horas na entrada do hospital e logo elixiremos un centro de saúde para a colocación da UMAR o día 17 de abril.”- explican desde a Plataforma.
O obxectivo da posta en marcha deste dispositivo é a de informar a veciñas e veciños da comarca de calquera cuestión relativa á sanidade, listas de agarda ou derivacións e mesmo servir de axuda para a redacción e presentación no rexistro das reclamacións que desexen facer.

” Axudaremos á xente a seguir coas reclamacións ou calquera dúbida que teñan , pero de forma máis presencial.Estaremos na entrada do hospital por falta de espazo, máis coa ampliación agardamos que nos doten dun espazo físico axeitado”- ironiza a coordinadora parafraseando ao xerente do HULA, en relación á consulta de enfermaría oncolóxica.

Exit mobile version