Site icon Crónica3.com A Mariña

A prestixiosa cociñeira italiana María Antonietta Santoro comezou hoxe as súas actividades no IES de Foz, que continuarán ata este venres

050318 VISITA MARÍA SANTORO (1)Foz, 5 de marzo de 2018. A prestixiosa cociñeira María Antonietta Santoro, do restaurante Il Becco della Civetta, situado en Castelmezzano, na rexión de Basilicata (Italia) xa está na Mariña para impartir cursos de cociña típica do seu país no IES de Foz e para coñecer a comarca e o tecido empresarial da zona ligado á hostalería. Desenvolverá diversas actividades ata este venres, día 10.
Na mañá de hoxe, luns, María Antonietta Santoro impartiu unha clase de elaboración de pasta para os alumnos de segundo curso de Dirección de Cociña e despois participou na elaboración da comida do comedor escolar do centro. Pola tarde desprazouse a Burela, onde visitou o barco museo Reina del Carmen, unha cetárea de marisco e a lonxa.
Mañá, martes, María Santoro estará co alumnado de 2º de Cociña e elaborarán unha carta italiana, cun menú proposto pola cociñeira italiana baseado nos seus pratos máis coñecidos, como Purea de fave e cicoria ou o prato que presentou na Expo de Milán: Strascinati Expo, ademais de Agnello con patate al forno. De sobremesa haberá unha Mousse de ricotta, elaborada polos alumnos de 2º de Dirección de Cociña. Para pola tarde ten programada unha visita a Mondoñedo e a Lourenzá.

Exit mobile version