Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta adxudica as obras de mellora da drenaxe da estrada LU-160, no Concello de Mondoñedo, por un importe de máis de 137.000 euros

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2017.- A Xunta vén de adxudicar as obras de mellora da drenaxe da estrada LU-160, no concello lucense de Mondoñedo, por 137.194,70 euros á empresa Construcciones Isidro Otero, S.L.

A obra iniciarase no mes de maio e ten un prazo estimado de execución de 10 semanas.

A actuación agora contratada consiste na substitución da obra de drenaxe transversal deteriorada no Pq 6+00 da LU-160, co fin de reforzar a estrutura da estrada e a capacidade de desaugue da mesma.

Na intervención tamén se inclúe o fresado sobre a capa de firme actual a cada lado da escavación co fin de mellorar a adherencia e a conexión coas zonas adxacentes e tratando de homoxeneizar, na medida do posible, as capas de firme que se repoñen e as que non se ven afectadas coa actuación.

Tamén se prevé a reposición da sinalización vertical, horizontal, balizamento e da barreira de seguridade.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda continúa traballando na mellora de rede viaria autonómico co obxectivo de proporcionar unhas estradas cómodas e seguras e potenciar o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

Exit mobile version