Site icon Crónica3.com A Mariña

Acisa e a Xunta celebraron unha xuntanza para informar de novas axudas

Ribadeo 22-3-18. No salón de actos da antiga Casa Sindical tivo lugar este mércores unha charla organizada pola Xunta, en colaboración con Acisa Ribadeo e coa Confederación de Empresarios de Lugo, na que a administración lles presentou aos empresarios e comerciantes asistentes as axudas e servizos que lles ofrece para apoiar o seu traballo.
O encargado de presentar a conferencia foi o presidente en funcións de Acisa, David Martínez. No acto interviron o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, a xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Pilar Fernández, e a responsable do IGAPE en Lugo, Cristina Sanz. As relatoras referíronse ás axudas para autónomos, para contratación de determinados colectivos, para cooperativas e sociedades laborais, para pequenas empresas de nova creación, para comercio e para formación de traballadores e tamén aos préstamos do Igape ou ás axudas para internacionalización e para a mellora da competitividade.

Exit mobile version