Site icon Crónica3.com A Mariña

Acisa ven de convocar nova asemblea xeral extraordinaria para o 19 de abril cun único punto na orde do día: elección da nova xunta directiva e proclamación

Ribadeo, 20 de marzo de 2018. Acisa convoca nova asemblea xeral extraordinaria para o vindeiro 19 de abril ás 20:30 horas cun único punto na orde do día. Trátase da elección da nova xunta directiva e proclamación.
Despois de celebrarse asemblea de socios e ao transcorrer o prazo de presentación de candidaturas e non terse presentado ninguén para ocupar a directiva de Acisa, a proposta do presidente en funcións, David Martínez, e ratificado na asemblea de onte, en virtude do establecido no artigo 20 dos estatutos da asociación convócase 2ª asemblea xeral extraordinaria para proceder á elección da nova xunta directiva. Será o 19 de abril ás 20:30 horas no salón de actos da antiga Casa Sindical.
O proceso electoral ábrese o vindeiro luns, 26 de marzo. E o 12 de abril ás 19:00 horas deberán estar inscritas as candidaturas participantes neste proceso. Si só se presenta unha quedará proclamada automaticamente ese día. E si acoden a esta cita dúas ou máis, estas disporán ata o 19 de abril para facerse cos apoios necesarios. Esa xornada celebraríase a votación, o posterior reconto e a proclamación da nova xunta directiva de Acisa.
Si a 12 de abril non hai presentada ningunha candidatura emprázase aos socios e socias de Acisa a asistir á asemblea extraordinaria do día 19 dese mesmo mes. Ata esa data enténdese prorrogado o período en funcións da actual xunta directiva, autorizada pola asemblea de socios para tomar as decisións oportunas durante este tempo para o correcto funcionamento da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.

Charla, mañá
Desde Acisa lembran que mañá, 21 de marzo, terá lugar unha xornada informativa para empresas, comercio e emprendedores sobre as axudas da Consellería de Economía e Industria e do Igape. Será ás 20:30 horas no salón de actos da antiga Casa Sindical. No acto intervirán o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; a xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Pilar Fernández; e a responsable do Igape, Cristina Sanz. Na charla haberá unha quenda de preguntas para os asistentes.
Premios día do pai
E xa pasaron polas instalacións de Acisa para recoller os seus agasallos os gañadores do VIII Concurso Fotográfico do Día do Pai. A foto que recibiu máis votos a través do Facebook de Acisa Ribadeo foi a titulada Desafiando al destino, de Manuel Solís, que recibiu 200 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados.
O primeiro premio do xurado, dotado con 150 euros en vales de compra foi para Érase unha vez, de Lucía Arias; o segundo premio, que recibiu 100 euros en vales de compra, foi para Un orgullo ser tu reflejo, de Cristina Losas; e o terceiro premio, dotado con 50 euros en vales de compra, foi para Xogos no Cargadoiro, de Lucía González. Tod@s @s premiad@s xa teñen os seus vales para consumir nos establecementos asociados ao longo dos vindeiros días.

Exit mobile version