O día 21 de marzo celébrase o DIA da POESÍA. Na Librería Bahía imos celebralo o sábado día 17 ás doce da mañá, cunha sesión de FAMILIAS QUE CONTAN entorno ao libro POEMAR O MAR de Antonio García Teijeiro. As encargadas desta sesión seremos a libreira, Cielo Fernández, e a miña filla, Agua Menacho. Antonio García Teijeiro recibeu por este libro o premio nacional de literatura infantil o ano pasado, esto quere decir, que este premio recaeu nun libro galego, e ademáis nun libro de poesía, o que da idea da calidade deste libro. Achegar a poesía aos pícaros e facelo de xeito divertido e lúdico é o que pretendemos con esta nova sesión de Familias que Contan dedicada nesta ocasión á poesía.