Site icon Crónica3.com A Mariña

Aleix Díaz Salas convocado para unha concentración organizada po-la Federación Galega de Atletismo

Ribadeo 24-3-18. O atleta ribadense participa esta fin de semana nunha concentración do sector de velocidade do atletismo galego organizada po-la Federación Galega.
Dita concentración será dende a tarde deste venres 23 ata o mediodía do domingo 25.
Está dirixida por José Carlos Tuñas Dugnol e a cidade escollida nesta ocasión é Ourense.
Ó longo destos días alternarán adestramentos nas pistas do campus universitario de Ourense, con charlas técnicas e a participación na tarde do sábado no Trofeo Aurum.
As charlas serán impartidas por Valentín Rocandio (adestrador) e por un respresentante do comité galego de xuices.
A intención desta concentración é a de preparar e ir coñecendo ós atletas de cara a futuras competicións de seleccións autonómicas, especialmente nas probas de velocidade e relevos, participando atletas dende categoría cadete a absoluto.

Exit mobile version