Site icon Crónica3.com A Mariña

Aleix entra no TOP 10 de España en 300 m.l. e consigue billete para o Campionato de España de aire libre

Ribadeo 18-3-18. O atleta ribadense, Aleix Díaz Salas participou este sábado non Campionato de España sub 16 de atletismo en pista cuberta, que se celebrou esta fin de semana en Sabadell (Cataluña).

Aleix acadara a marca mínima para poder acceder ó campionato o pasado sábado no Campionato Galego e ata a cidade catalana se desprazou coa intención de seguir acumulando experiencias e participar por primeira vez nun Campionato de España a nivel individual. O ribadense chegaba coa 18ª mellor marca dos participantes nos 300 m.l., po-lo que o acceso á final estaba moi complicado.

Na tarde do sábado era o turno das semifinales, onde se clasificaban os primeiros de cada serie e as duas mellores marcas para a final. Aleix participou na 2ª serie entrando en meta na 4ª posición désta cun tempo de 38.15 seg., rebaixando a sua mellor marca anterior que estaba en 38.38 seg. Esta mellora sustancial levouno a acada-la 10ª posición da xeral e sobre todo, a consegui-la marca que lle dá dereito a participar no Campionato de España de aire libre que se celebrará en Castellón (Comunidade Valenciana) o 30 de xuño e o 1 de xullo.

Un gran resultado para Aleix na súa primeira participación nun campionato deste nivel.

Exit mobile version