Site icon Crónica3.com A Mariña

“Alianzas no feminismo”

A Mariña 19-3-18. O Observatorio da Mariña pola Igualdade continúa coa súa programación do primeiro trimestre 2018, neste caso, coa organización do obradoiro “Alianzas no feminismo” que terá lugar o sábado 24 de marzo ás 11:00h na Casa de Cultura de Burela.
Este obradoiro será impartido por Antoinette Torres Soler, experta en educación e diversidade e unha das fundadoras de Afroféminas, proxecto dixital en liña para as mulleres afrodescendentes/negras, un espazo que dá voz ás mulleres negras de fala hispana a través de internet e os medios.
O obxectivo do taller é o de amosar distintas experiencias de mulleres racializadas, tanto no ámbito profesional como nas súas vidas cotiás, que están completamente invisibles dentro do discurso feminista hexemónico. Tamén se analizará o que se entende por privilexio e as formas en como se manifesta para darnos ferramentas que nos axuden a derribar eses muros que nos separan da diveresidade, buscando novas formas de visibilización das micro e macro agresións cara as persoas diversas e como combatelas
desde todos os ámbitos.
Será un obradoiro aberto, de dúas horas de duración, de carácter dinámico e que non precisa de coñecementos previos na materia para participar.

Exit mobile version