A concelleira de Muller, Mercedes González Alonso, explicou que “nestes obradoiros, nos que participaron alumnas e alumnos de 4º de Primaria, mergulláronse no ambiente dun laboratorio que montamos na Casa da Xuventude. Puideron utilizar pipetas, tubos de ensaio, placas de petri, vasos de precipitados, etcétera, tal e como se fai nun laboratorio. Tamén construímos moléculas e palabras a partir dos elementos da táboa periódica. Cada día dedicámosllo a unha científica: o martes a Agnes Pockels e o mércores a Marie Curie. Todos os participantes levaron o seu experimento para a súa casa, así como unha breve historia de cada unha das 21 científicas ás que quixemos dar visibilidade nesta campaña”.
Mercedes González Alonso desexa “agradecer a todos/as a súa participación e o gran ambiente nos obradoiros, nos que as nenas e os nenos amosaron a súa curiosidade e nos que aprenderon de forma sinxela grazas á científica Quimi. Así tamén quero agradecer aos/ás asociadas/os da ACIA-CCA de Foz que se implicaron visibilizando as científicas nos seus establecementos”.