Site icon Crónica3.com A Mariña

Ante o próximo cambio horario, o PP de Lourenzá pide ao Concello que, de xeito inmediato, reaxuste todos os reloxos dos alumeados públicos a fin de que se adecúen ás necesidades propias dun pobo do século XXI

Lourenzá, 23 de marzo de 2018. Ante o próximo cambio horario, o PP de Lourenzá lémbralle ao equipo de goberno que, de xeito inmediato, reaxuste todos os reloxos dos alumeados públicos a fin de que se adecúen ás necesidades de iluminación propias dunha rúa dun pobo do século XXI.

E é que, cando se produciu o último cambio horario, neste caso o retraso de hora realizado na madrugada do domingo 28 de outubro, fixo que, por terceiro ano consecutivo, se realizara un desaxuste entre as horas de acendido e apagado dos alumeados públicos coas necesidades de iluminación das vías e espazos públicos, segundo explican os populares.
Dende o PP consideran que, o primeiro ano, “ben puido ser por descoñecemento; o segundo por despiste; pero, o terceiro, non pode ser considerado menos que desidia por parte dun equipo de goberno que está anclado no pasotismo constante”. Por iso, no penúltimo Pleno ordinario celebrado pedían mediante rogo aos dirixentes políticos que adaptasen os reloxos dos alumeados públicos, xa que, a día de hoxe, nalgunhas rúas do pobo, seguen sen acenderse os puntos de luz cando xa é noite.

Os populares atribúen esta cuestión “á inaptitude duns dirixentes, e con independencia, do perigo que supón para os viandantes que varias rúas do pobo permanezan a escuras cando xa non é de día”. Sen ir máis lonxe, precisan, o 13 de novembro, “fomos testemuñas de como o bus escolar do IES San Rosendo deixaba os alumnos na Avenida do Val totalmente sen luz”.

Por todo elo, “e nun exercicio de responsabilidade”, lémbranlle ao goberno local esta petición porque co cambio horario, que se produce esta fin de semana, temen que pase o efecto contrario. Neste senso, esíxenlle aos dirixentes do Concello que actúen en consecuencia e atallen o problema á maior brevidade posible.

Exit mobile version