Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela acolle estes días varias actividades para conmemorar o día internacional para a eliminación da discriminación racial. Serán nos centros de ensino. E o 23 de marzo celebrarase a I Xornada de análise da pluralidade

Burela, 19 de marzo de 2018. A Concellería de Inmigración e Cooperación organiza varias actividades para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial.
Angélica Gómez, a edil responsable deste departamento, explica que “os días 20 e 21 de marzo haberá unas xornadas de difusión da cultura caboverdiana nos centros de infantil e primaria de Burela. Realizaranse coa colaboración do grupo Batuko Tabanka. O obxectivo é sensibilizar ao alumnado sobre a diversidade cultural e a realidade do fenómeno migratorio dun xeito lúdico, a través da música”.
A concelleira de Inmigración e Cooperación segue a relatar que “para o alumnado de 3º de primaria dos Ceips do concello faremos unha Ocainmigrante. Será coa colaboración da Aula de Medio Ambiente Gaia. Con esta actividade queremos sensibilizar aos máis novos sobre esta temática e ensinarlles a ver o mundo desde outra perspectiva, así como facelos conscientes das necesidades existentes no mundo que no rodea. Mediante distintas probas van coñecendo aspectos como o racismo, a inseguridade e desamparo, a acollida, a pobreza, a tolerancia e o respecto, as guerras, os papeis, a marxinación, os malos salarios, o rexeitamento, a integración, a inxustiza…”.
Angélica Gómez engade que “do 19 ao 23 de marzo haberá obradoiros por e para a diversidade orientados aos alumnos e alumnas de ESO dos IES do concello. O 23 de marzo teremos un obradoiro para educadores/as e profesorado dos distintos centros de ensinanza de Burela. Será no IES Monte Castelo de 16:15 a 18:00 horas. E esa mesma xornada celebrarase unha mesa redonda no salón de actos do Concello a partir das 19:30 horas para abordar A interculturalidade: unha mirada desde A Mariña. Intervirán nesta I Xornada de Análise da Pluralidade Nilda Borges, que falará das redes sociais e as etnias; Ismael Awad, que se referirá ao racismo na lexislación española; e Antoinette Soler falará de educación e inclusión”. Esta mesa redonda será moderada la concelleira de Cooperación e Inmigración.
Ademais ao longo destas xornadas estará situado un libro de sinaturas na entrada da Casa do Concello “no que se poderá deixar escrito algo ilustrativo sobre esta temática”.

Exit mobile version