A exposición “Galicia Universal.A Arte Galega nas Coleccións Abanca e Afundación” que se amosa actualmente no Museo Centro Gaiás (Cidade da Cultura), recolle unha instalación do artista mindoniense Caxigueiro. A mostra estará aberta ata o mes de agosto. A exposición propón unha escolma de 192 pinturas,esculturas,instalacións artísticas e fotografías desde o século XIX ata a actualidade. Segundo os organizadores, a través deste completo percorrido comprenderemos a singularidade da arte galega e a súa conexión cos principais movementos internacionais. Situándonos fronte ao espello dos nosos creadores, a mostra reflicte como nos vemos e nos mostramos,convidándonos a reflexionar sobre os elementos que definen a nosa identidade.