Site icon Crónica3.com A Mariña

Centos de persoas asistiron este domingo ao pase de modelos celebrado no restaurante O Asador, de Barreiros. O desfile foi o prato forte do showroom de vodas, bautizos e comuñóns celebrado a fin de semana

040318 DESFILE SHOWROOM O ASADOR (3)Barreiros, 4 de marzo de 2018. Centos de persoas asistiron este domingo ao pase de modelos celebrado no restaurante O Asador, de San Cosme de Barreiros. O desfile, a cargo de Catycris, Peluquería Cid, Centro Estético Coida de Ti, Óscar Rodríguez Joyeros e Floristería Sefa e presentado pola actriz Estíbaliz Veiga, foi o prato forte do segundo showroom de vodas, bautizos e comuñóns celebrado onte, sábado, e hoxe, domingo.
No desfile os asistentes puideron ver traxes de tempada de comuñóns, de cerimonia e de voda, de orixinais deseños e moi elegantes, ademais de espectaculares xoias, peiteados, complementos e maquillaxe. A maioría dos e das modelos que desfilaron pola pasarela do restaurante O Asador eran da Mariña, algúns afeccionados e tamén profesionais como Miss Cantabria 2007, Sandra Veiga.
No evento participaron, ademais do restaurante O Asador, as seguintes firmas: Decoraciones Pura, de Foz e Burela; Centro estético Coida de ti, de Barreiros; Floristería Sefa, de Mondoñedo; Celebra o teu día, de Burela; Peluquería Cid, de Barreiros; Boutique Catycris, de Xove; ElFarero Audiovisuales, de Ribadeo; Pastelería Cabaleiros, de Vilanova de Lourenzá; Discomóvil Eventec, de Mondoñedo; Viajes Rodríguez, de Foz; Oscar Rodríguez Joyeros, de Viveiro; Auto Forum, da Coruña; e Rec Audiovisual, de Barreiros.

Exit mobile version