Site icon Crónica3.com A Mariña

Comercios de Foz pecharán as súas portas o sábado, día 17, de doce a doce media da mañá para poder asistir á concentración convocada en defensa dunhas xubilacións xustas. ACIA/CCA súmase a esta mobilización

Acia/CCA de Foz súmase á concentración convocada polos pensionistas e xubilados para o vindeiro sábado, día 17, en defensa dunhas xubilacións xustas. A mobilización terá lugar nas inmediacións do Concello.
Desde o Centro Comercial Aberto focense comunícanlles aos seus asociados que moitos comerciantes se están adherindo a esta xornada e van pechar de 12:00 a 12:30 horas os seus establecementos para poder asistir á devandita concentración.

Exit mobile version