Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso por Galicia Burela reclama o mantemento e posta en valor do paseo da Marosa

Burela 22-3-18. O PSOE de Burela vivde de sloganes e de fotos na prensa, é doado, non compre adicar tempo. Burela Bonita soa moi ben e pode ser un acerto, o problema ven coa hipocresía da actuación de este goberno. A mostra e o paradigma é a situación por exemplo do pasoe da marosa e da estrada paralela: sinais rotas, carcomidas, sen pintura, farola sen pintar, bandas de seguridade a trozos, lousas movidas e frouxas, pedras do valado soltas, barandas oxidadas … ista é a Burela Bonita do PSOE?

Esta infraextructura é un disfrute tanto para residentes coma para foráneos, máis o PSOE non fai nada para coidalo e potencialo, máis ben o contrario. Por iso CxG Burela reclama unha actuación inmediata para poñer ó día a imaxe e a dotación de este paseo considerando que incluso algunha sitiación provoca risgos innecesarios.

Esta é a forma de gobernar do Sr Llano e o seu equipo, non son quen de manter unha sinalización en condicións óptimas, menos festa menos fitur e monos foto e teñan presente que a imaxe da Vila é de todos non so do goberno. Da vergonza ver moitas zonas de Burela hoxe en día.

Luís Rubal Garcia
Portavoz de CxG en Burela

Exit mobile version