Site icon Crónica3.com A Mariña

Día internacional da muller en Xove

Xove, a 6 de marzo de 2.018. O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, ten preparado un programa de actividades para celebrar o día internacional da muller traballadora:
Mércores, 7 de marzo: ás 13:00 h. na Praza do Concello, coa participación do alumnado do IES Illa de Sarón, concentración e lectura do Manifesto “Qerémonos libres e iguais”. Coa colaboración do IES Illa de Sarón.
Domingo, 11 de marzo: a partir das 17:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, XI CHOCOLATADA “DÍA DA MULLER”.
Xoves,22 de marzo: de 17:00 a 19:00 h. no Centro Xuvenil, OBRADOIRO “Quérote +” PRACER SEGURO, SEGURO PRACER. Este obradoiro vai dirixido á mocidade de idades comprendidas entre os 14 e 0s 18 anos. Inscrición ata o 17 de marzo, no Centro Xuvenil.

Exit mobile version