Ducias de veciñas e veciños se deron cita neste acto no que participaron Patricia Otero e o alcalde, Alfredo Llano. A edil socialista subliñou “o papel tan importante que xoga a muller na sociedade” e engadiu que “se trata de visibilizar con este acto o feito de que constituímos o 50% da poboación mundial e procurar que se valore o noso traballo e contribución á sociedade”.
A programación, con motivo da celebración do 8 de marzo, continúa neste mes, e o vindeiro sábado a asociación de amas de casa Praia da Marosa organiza un xantar que terá lugar ás 14:00 horas. Previamente, ás 13:00 horas, asistirán a unha misa.
Tamén o sábado, 10 de marzo, no auditorio da Casa da Cultura, ás 20:00 horas a actriz Estíbaliz Veiga presentará o monólogo Golpes sobre a violencia machista. A entrada é gratuíta.