Site icon Crónica3.com A Mariña

En Burela rematan hoxe as actividades que se viñeron desenvolvendo durante toda a semana para conmemorar o Día Internacional para a eliminación da Discriminación Racial

O alumnado de 3º de primaria dos Ceips Virxe do Carme e Vista Alegre participou esta mañá nunha Ocainmigrante. Foi coa colaboración da Aula de Medio Ambiente Gaia. A concelleira de Inmigración e Cooperación, Angélica Gómez, dixo que con esta actividade quixemos sensibilizar aos máis novos sobre esta temática e ensinarlles a ver o mundo desde outra perspectiva, así como facelos conscientes das necesidades existentes no mundo que nos rodea. Mediante distintas probas foron coñecendo aspectos como o racismo, a inseguridade e o desamparo, a acollida, a pobreza, a tolerancia e o respecto, as guerras, os papeis, a marxinación, os malos salarios, o rexeitamento, a integración, a inxustiza…”.

Exit mobile version