Site icon Crónica3.com A Mariña

En Ribadeo celebrarase unha xornada sobre reservas da biosfera o vindeiro venres, 23 de marzo

Ribadeo, 21 de marzo de 2018. Ribadeo acollerá este venres, 23 de marzo, unha xornada sobre Reservas da Biosfera que se celebrará no auditorio municipal Hernán Naval entre as 16:30 e as 19:00 horas.
A presentación da xornada correrá a cargo de Francisco Cantos da Secretaría do Programa M&B España. Ás 17:00 horas o representante da RB Urdaibai Manu Monge falará da Custodia do territorio na RB de Urdaibai. Ás 17:20 Jorge Marquínez, de INDUROT, abordará o proxecto Life Fluvial, e ás 17:40 horas Benedicta Rodríguez da RB Alto Bemesga tratará da Importancia das mulleres nas Reservas da Biosfera.
O programa continuará ás 18:00 horas con Tomás Díaz da Universidade de Oviedo, quen presentará o Proxecto Sudoe SOS Praderas. Ás 18:20 horas Jorge Blanco da RB Mariñas Coruñesas falará da Implantación Marca da Reserva da Biosfera nas Mariñas Coruñesas. Ás 18:40 horas Pablo Ramil, do IBADER, abordará o Proxecto Life Baccata. E ás 19:00 horas rematará a xornada con Sergio García, do RB Ordesa-Viñamala, falando das Experiencias Gandeiras na RB de Ordesa-Viñamala.
O Concello de Ribadeo colabora na celebración desta xornada organizada pola UNESCO, e pola Rede Española de Reservas de la Biosfera.

Exit mobile version