Site icon Crónica3.com A Mariña

Entre anécdotas, humor e entrega de premios. Así se desenvolvou a VII Gala de Acisa, que tivo lugar no Parador de turismo de Ribadeo

Ribadeo, 17 de marzo de 2018. Preto de cen persoas asistiron á VII Gala de Acisa, que se celebrou o venres á noite no Parador de Turismo de Ribadeo. O evento foi conducido polo humorista Javi González.

A velada comezou cos discursos do presidente de Acisa, David Martínez; da deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo; do delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro; e do alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia.

Na súa intervención Martínez dixo: “para mi esta es una noche especial porque tras 2 años como presidente de Acisa, como ya conté semanas atrás, dejo el cargo. Fueron 24 meses de intenso trabajo con el objetivo de atraer cada vez a más gente a Ribadeo”. O presidente de Acisa subliñou que “en Acisa perseguimos la promoción de la hostelería, del comercio, del sector servicios y sobre todo de Ribadeo. Y creo que poco a poco hemos ido cumpliendo objetivos, organizando campañas en solitario, como corresponde a una asociación de este calibre, y como coorganizadores de otras junto al Concello ribadense. Todo con una meta: que Ribadeo sea un referente en la comarca de A Mariña, en el Occidente asturiano, en la provincia de Lugo y en Galicia. A todas las instituciones aquí presentes queremos agradecerles su apoyo y colaboración para que Acisa y las actividades que planifica se conviertan en realidad. Y esperamos seguir contando con ellas”.

O presidente de Acisa tivo palabras de agradecemento para os compañeiros e compañeiras que o acompañaron ao longo destes dous anos na directiva, para os antecesores no cargo e para a súa familia. E animou “a comerciantes, hosteleros, empresarios… a que deis un paso al frente para llevar las riendas de esta asociación, que cumple 29 años. Hemos sido varios los presidentes y las directivas. Ha sido un largo camino, que debe seguir su recorrido. Esta caminata no puede parar. La unión hace la fuerza y eso debemos tenerlo muy presente”.

Tras esta quenda de intervencións tivo lugar a cea. A velada rematou coa entrega de agasallos a varios socios de Acisa Ribadeo. Os premiados foron: Florentino Martínez Peláez e Mercedes García López, aos que lles recoñeceron toda unha carreira empresarial. Trátase dos donos de O Bodegón, que recibiron este galardón “pola súa traxectoria intachable como hostaleiros e asociados de Acisa Ribadeo ata a súa recente xubilación”. O premio, unha figura de cerámica, foilles entregada polo presidente de Acisa, David Martínez.

O premio como socio honorífico recibírono José Luis Méndez Morán e América López Oliveros, fundadores de Ferraxería Morán. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo quixo recoñecer “a súa traxectoria intachable como comerciantes e asociados de Acisa Ribadeo”. Nesta ocasión o encargado de entregarlles o premio foi o vicepresidente de Acisa, Juan Andina.

E o galardón como socio do ano foi para José Ramón Leal Segura, propietario de Galería Terra Branca, “pola súa aposta comercial e a súa capacidade de innovación día a día, así como o seu compromiso coa nosa asociación”. Rocío Pertejo, membro da directiva de Acisa, entregoulle o premio.

Todos os galardoados amosáronse emocionados por este recoñecemento empresarial. Lembraron os inicios dos tres negocios, tiveron palabras de agradecemento para as súas fieis clientelas e tamén para os seus traballadores e traballadoras e destacaron a importancia da unión e de formar parte dunha asociación como Acisa.

Á VII Gala de Acisa asistiron tamén o presidente da Mancomunidade de Municipios de Mariña, Alfredo Llano; a edil de Turismo e Comercio de Ribadeo, Ana Martínez; o deputado autonómico ribadense Daniel Vega; así coma concelleiros da Corporación Municipal de Ribadeo.

Todos os asistentes recibiron un agasallo, xentileza da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.

A noite discorreu entre anécdotas, bo humor e incluso algúns dos asistentes animáronse a poñer a nota musical interpretando cancións tradicionais.

Exit mobile version