As tapas serviranse de 13 a 15 horas e de 20 a 23 horas. O prezo de cada tapa é de 2 euros.
As propostas son as seguintes: Friptura no Aroma Café; Hamburguesa de mar con ali oli de allo negro e esferificacións de lima limón con chips patata vitelotte en Bar 78; Delicias de Mar en Express; Nidal turco en Mayros; Festa de sabores con notas de café, froitos do bosque e castañas en Anduriña; Trinta anos facendo Xoyma en Xoyma; Fabada 2.0 en Casa Maño; Pescaíto en Fraggle Rock; Chuchua de Mar en Happy Days; Sardina estilo Bustos en O Lar de Bustos; Iogur de polbo con escuma de maracuyá en O Muelle; Empanadillas criollas en Costumes do Mar; Crep recheo de marisco en Dandy; Saraiba no Tangarte Mariñeiro; e Nido do cuco no Tangarte mesón.
Haberá catro premios. As tres mellores tapas serán elixidas polo xurado e haberá premio tamén para a tapa coa mellor presentación, que sairá das votacións que se realicen a través da páxina de facebook do CCA focense: www.facebook.com/aciafozcca.
Desde o Centro Comercial Aberto animan “a vir a Foz esta Semana Santa a saborear as exquisitas propostas que están a preparar os establecementos participantes na décimo quinta Ruta das Tapas, que xa é unha cita clásica nestas datas. As persoas que nos visiten ademais de gastronomía tamén poderán coñecer A Mariña a través da oficina virtual, situada no edificio do Cenima, de Foz”.
Apertura Xoves Santo
Os establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto de Foz abrirán as súas portas o vindeiro 29 de marzo, día de Xoves Santo.