Site icon Crónica3.com A Mariña

Intensa axenda cultural durante a fin de semana en Burela. Haberá hipnose con Jeff Toussaint o venres e citas infantís o sábado e o domingo

Burela, 15 de marzo de 2018. Intensa axenda cultural para esta fin de semana en Burela con hipnose e con espectáculos para os máis pequenos e pequenas da casa.
Mañá, venres, ás 21 horas na Casa da Cultura o ilusionista e hipnotista Jeff Toussaint presentará “El hipnotista”, que é unha recompilación do mellor creado por este artista nos seus tres primeiros espectáculos de hipnose colectiva. Na cita os espectadores poderán ver o poder da mente creativa dos voluntarios e da súa propia.
O sábado, día 17, a compañía A illa dos nenos porá en escena “Hocus Pocus”, na que o Mago Paco ofrecerá maxia chea de risas, cor e moitas sorpresas. A función será ás 18:00 horas na Casa da Cultura. O prezo da entrada será de 3 euros para os nenos e nenas e libre para os seus acompañantes.
E os máis pequenos teñen unha cita con Burela de Cine o domingo, 18 de marzo, ás 18:30 horas na Casa da Cultura con entrada de balde.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anima a asistir a estas actividades, que forman parte da axenda cultural do mes de marzo.

Exit mobile version