Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 1600 alumnos/as e 80 profesores, dos 29 centros escolares da Mariña, visitaran no CENIMA DE Foz dende o 28 de Marzo ó 11 de Maio a mostra da quinta edición da Semana das Artes Plásticas da Mariña

Viveiro a 7 de Marzo de 2018. Esta edición queda enmarcada nos catro actos que durante o 2018 vanse celebrar para homenaxear a Juan Puchades Quilis, escultor Mindoniense nado en 1934 en Valencia e que dende 1960 reside no concello de Mondoñedo, onde desenvolveu o ensino no Ies San Rosendo, impartindo a materia de debuxo, e o mesmo tempo realizou unha brillante carreira artística, obras moitas delas que decoran espazos urbanos e vilas das
localidades da Mariña.
A mostra conta ca participación de 21 artistas que nos presentan o traballo que estiveron realizando neste último ano. Para promocionar a Arte non solo como eido cultural e patrimonial, algúns dos artistas venderán as súas obras, de xeito particular para quen queira mercalas, para contribuír o seu desenvolvemento profesional.
Nesta mostra participan: Alberto Pena, Alfonso Otero Regal, Alicia Rodríguez, Álvaro Trincado, Celso Dourado, Cristina Basanta, Lucia Vila, Irma Loureiro, David Catá, Joé Álvarez, Juanel, Lara Buyo, Ana Corujo, Liseth Arellano, Lucia Catuxo, Martín Soto Lestao, Mauro Leivas, Xosé L. Neira Brochs, Raimundo Rubal, Sonia Pazos, Xosé Blanco e Zilí Katova.
Editaranse 500 catálogos da mostra patrocinados pola Deputación provincial de Lugo. Así mesmo o concello de Foz facilita a apertura da exposición co persoal necesario, así como na publicidade da mesma; tamén a Mancomunidade de municipios da Mariña contratará a dous/as especialistas en Arte para facer a visita guiada ós colexios, facilitando así o seu transporte.
Queremos invitar á sociedade mariñán a que participen desta mostra única que se celebra en toda Galicia a nivel comarcal para promocionar a arte plástica dos nosos creadores e creadores dentro da idea de que a nosa circunstancia xeográfica non menoscabe a nosa oportunidade de ter cerca actos culturais que faciliten a educación dos nosos nenos e nenas sen ter que desprazarse continuamente a grandes vilas realizando longas viaxes. Seguimos a reivindicar o CENIMA de Foz coma sala Comarcal de Arte con unha dirección e programación permanente para ter a posibilidade de apreciar exposicións de artistas fora da nosa comarca, e ser, o mesmo tempo, motor do ambiente cultural artístico da nosa bisbarra.

Exit mobile version