Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción do grupo municipal de “Foz, plataforma de futuro”, para instar ó equipo de goberno que faga as xestións necesarias para a construcción dunha senda peonil dende Augadoce ata a praia de Peizás

Foz 17-3-18. O Grupo Municipal de “Foz, Plataforma de Futuro”,Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Como é coñecido por todos, a estrada que vai dende a praia de Llas á praia de Peizás é unha zoa moi transitada durante todo o ano, esta estrada na actualidade faise estreita, tendo moitas veces cando se cruzan dous vehículos que parar un deles, e moitas veces a maiores atopamos numerosas persoas a pé ou correndo por dita estrada que complican mais a circulación, véndose incrementado sustanciablemente o paso de persoas, bicicletas e vehículos durante o verán. É verdade que temos un paseo precioso ó longo da costa pero hai numerosas persoas que prefiren usar a estrada para que se faga mais corto ou por comodidade. Esta estrada entendemos que ten suficiente zoa sen uso para poder aproveitar un marxe para a construción dunha senda peonil que serviría para dar mais seguridade a peóns, ciclistas e condutores.

Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:

-Instar ó Equipo de Goberno do Concello de Foz, a facer as xestións necesarias para a construción dunha senda peonil entre o paseo dende Augadoce ata enlazar novamente co paseo na praia de Peizás, ó carón da estrada que comunica esta zoa.

Exit mobile version