Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción do grupo municipal de “Foz, plataforma de futuro”, para instar ó equipo de goberno que faga as xestións necesarias para mellorar a imaxe da Ponte Vella en Fazouro

Foz 14-3-18. O Grupo Municipal de “Foz, Plataforma de Futuro”,Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Fai uns días os Concelleiros de “Foz, Plataforma de Futuro” desprazámonos á parroquia de Fazouro, mais concretamente á zoa da Ponte Vella, reclamados por un grupo de veciños para comunicarnos algunha deficiencia que levan sufrindo nesta zoa dende fai un bo tempo. Esta zoa foi recuperada fai uns anos cunha importante inversión por parte do Estado, así como a canalización do saneamento hacia a EDAR. Pois ben, según nos explican os veciños as luces que hai sobre a Ponte Vella e mais as que están debaixo dos ollos da ponte levan sen funcionar un tempo importante, o que fai esta zoa moi escura durante as noites, así como temos que recordar que cando estaban acesas facían desta zoa, unha das mais bonitas do noso Concello.
Tamén nos explicaron que as bombas que alí hai situadas, que bombean o saneamento para a EDAR de Fazouro están mais tempo paradas que funcionando, (puidemos comprobar cos nosos ollos como era certo, e ó encher o pozo destas bombas e non bombear sae o saneamento nun tubo que hai debaixo dun ollo da ponte), inclusive teñen que ser os propios veciños desta zoa quen suban os automáticos destas bombas para que traballen en numerosas ocasións.
Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:

-Instar ó Equipo de Goberno do Concello de Foz, a facer as xestións oportunas para solucionar os problemas de alumeado (apliques que hai por riba da ponte e focos que hai entre os ollos da ponte) que hai na Ponte Vella en Fazouro.

-Instar ó Equipo de Goberno do Concello de Foz a solucionar dunha vez por todas os problemas que hai coas bombas do pozo de bombeo situado na Ponte Vella para non seguir contaminando o Río Ouro.

Exit mobile version