É a primeira ocasión que o noso centro visitará Irlanda dentro deste Programa de Inmersión. A escolla deste país non é inocente, posto que cumpre moitos dos obxectivos que se procuran nunha viaxe destas características: inmersión lingüística plena en lingua inglesa e o coñecemento cultural e literario, por parte do alumnado, dunha nova realidade que ten moitos trazos comúns con Galicia.
Deste xeito, o noso alumnado de Inmersión Lingüística, que cursará os seus estudos no Infinity English College, disfrutará dunha experiencia docente, levada a cabo por profesorado nativo, que combinará as clases teóricas coa descuberta cultural de Irlanda. Así, poderán coñecer Dublín, Cork, Mallow, Kanturk, Killarney etc. e moitas das tradicións irlandesas como a danza e a música.