Site icon Crónica3.com A Mariña

Novo sorteo de agasallos da ruta dos viños, que se celebra en 8 locais hostaleiros das rúas Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña, de Foz. E entregados tamén os premios aos afortunados o pasado 5 de marzo

Foz, 12 de marzo de 2018. Hoxe, luns, tivo lugar o terceiro sorteo de agasallos da Ruta de Viños que se desenvolve ata o 24 de marzo en 8 locais hostaleiros das rúas Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña.
Os afortunados esta xornada foron Miguel Rodríguez Baamonde, que disfrutará dunha cena para 5 persoas e valorada en 100 euros no Happy Days; e Atilano Fernández Castiñeiras, obtivo 3 vales de 20 euros cada un para consumir en Anduriña, Express e Mayros.
Tamén hoxe tivo lugar a entrega dos premios aos gañadores da pasada semana. Mario García, gozará dunha cea para 5 persoas no restaurante Dandy, e José Ramón Cela, levou 3 vales de 20 euros cada un para consumir en Express, Anduriña e Mayros. Os agasallos fóronlles entregados nas instalacións de Radio Foz. Xunto aos premiados estivo hoxe, Lara Leyton, xerente do hotel Leyton.
Na Ruta dos Viños de Foz participan: Leyton, Mayros, Xoyma, Dandy, Happy, Express, Anduriña e Xoiña. Para incentivar que a xente acuda a esta cita os hostaleiros fan cinco sorteos en Radio Foz, empregando o sistema de extracción de cartulinas. Cada semana hai dous premios: 1 vale para cear 5 persoas por valor de 100 euros nun dos restaurantes que participan nesta iniciativa e 3 vales por valor de 20 euros cada un para consumir nas cafeterías Mayros, Express e Anduriña.
Os sorteos e as entregas de premios da Ruta dos Viños teñen lugar en Radio Foz. O vindeiro sorteo será o 19 de marzo.

Exit mobile version