Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG advírtelle ao PP que a loita da maioría social fará que A Mariña recupere a área sanitaria que hoxe eliminaron

A Mariña, 20 de marzo 2018. A modificación da Lei de Saúde, debatida esta mañá no Pazo do Hórreo, e sacada adiante só cos votos do Partido Popular, certifica a desaparición da Área Sanitaria da Mariña e a perda de moitos servizos sanitarios na comarca. A liña privatizadora da sanidade pública iniciada polo PP sigue o seu curso, continuando co seu plan perfectamente premeditado, e sen escoitar á cidadanía e as súas xustas reivindicacións, escoitando só os intereses das empresas privadas da sanidade. As emendas do BNG para manter a Área Sanitaria da Mariña foron vetadas todas polo Partido Popular neste sesión plenaria do Parlamento.
Para @s nacionalistas é vergoñento que o Presidente da Xunta fuxa do Parlamento nunha sesión tan importante coma a celebrada hoxe. “Sábe que a fixo e fuxe para non dar a cara”, afirmaron desde o BNG.

O PP volve a darlle as costas á Mariña

Unha vez mais, o PP volve a darlle as costas á comarca, que coa entrada en vigor desta modificación da Lei de Saúde vai sair outra vez doblemente perxudicada, pola perda de servizos, e polos desprazamentos a Lugo que eso conleva.
Foron ducias de mariñás e mariñaos @s que se desprazaron hoxe a Compostela, para asistir á sesión do Parlamento e tamén para concentrarse ás portas do mesmo e mostrar o seu rexeitamento á supresión da Ärea Sanitaria, e con eles estiveron tamén a parlamentaria e portavoz Ana Pontón e a tamén parlalmentaria Olalla Rodil.
Desde o BNG advertíronlle ao PP que a Área Sanitaria que hoxe eliminaron coa súa maioría parlamentaria sen escoitar a ninguén, será recuperada coa loita da maioría social, e nese sentido @s nacionalistas ofrécense e convidan a seguir traballando día a día para frear o desmantelamento da sanidade pública na comarca.

Exit mobile version