O sorteo realizarase a través de Radio Foz o día 22 de marzo. O Centro Comercial Aberto de Foz continúa deste xeito coas súas campañas de promoción do comercio local, potenciando as compras nos establecementos da vila para unha data tan sinalada como é o Día do Pai, o 19 de marzo. Ademais incentiva o uso da tarxeta do comercio de Foz para aproveitar as vantaxes que ofrece. A campaña do pai do CCA/ACIA de Foz estará presente nos locais comerciais con cartelería e con globos conmemorativos desa data.