Viveiro 1-3-18. O Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha ó longo do mes de marzo a campaña “30 días 30 motivos”. Con esta campaña, queremos crear concienciación por parte dos clientes da importancia de mercar no comercio local. Cada día publicarase nas redes sociais da asociación un post cun motivo, ventaxa ou beneficio da compra no comercio de proximidade.
Dende o CCHV levamos anos apoiando ó comercio, hostalería e empresas locais. Creemos que son o motor que fai ca nosa cidade esté chea de vida. Non hai que esquecer cós comercios locais son os que sustentan gran parte da nosa economía, e xeran emprego e riqueza.
Ademáis, mercar nun pequeno comercio ofrece, en moitos casos, unha serie de ventaxas impensables nas grandes superficies, dende comodidade e cercanía, a un trato moito máis personalizado.
A ninguén nos gustaría vivir en barrios con tendas baleiras, pechadas, sen iluminación. As ruas comerciais dan valor ás zoas urbanas.
Por estes e moitos máis motivos lanzase esta campaña, un total de 30 post que serán publicados diariamente e que intentarán facerse un oco na mente do consumidor.