Site icon Crónica3.com A Mariña

O centro de información ás mulleres e a delegación municipal de muller do Concello de Viveiro lembra os actos conmemorativos do día internacional da muller traballadora

Exposicións dos concursos de debuxo “mamá traballadora” e fotografía amateur “traballos e mulleres”, que estará aberta ata o día 18 de marzo de 2018, en horario de luns a venres, de 8:00 a 15:00 horas no Salón Multiusos do Concello. Entrega de premios ás persoas gañadoras de ambos concursos farase o domingo 18 de marzo de 2018 ás 18:00 horas, no Salón Multiusos do Concello. 3ª Andaina “Maruja Mallo”, que se celebrará o domingo 18 de marzo de 2018. Saída ás 10:00 horas desde Portochao e finalizará na Praza Maior, onde se dará chocolate ás persoas participantes.

Exit mobile version