Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela celebra o día internacional do consumo responsable nos centros de ensino e cos usuarios e usuarias de Camiña. Noelia Mª Ben anima a poñer en práctica algúns consellos que “redundarían na mellora do noso medio ambiente”

A edil Noelia Mª Ben sinalou que “todas as actividades teñen o mesmo obxectivo, acadar que sexamos uns consumidores sostibles. Entre os consellos, que son moi sinxelos de cumprir e que sen dúbida redundarían na mellora do medio ambiente, destacamos os seguintes: planificar o teu menú semanal antes de mercar, pechar o grifo cando non utilices a auga, apagar a luz cando haxa suficiente luz solar, desprazarse a pé sempre que se poida, pensar antes de mercar se realmente o precisamos, mirar a data de caducidade dos alimentos antes de mercar, reutilizar todo o que sexa posible, reciclar o lixo no fogar… Como vemos son cousas sinxelas que todos podemos levar a cabo, así que dende aquí queremos animarvos a poñelas en práctica”.

Exit mobile version