Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Mondoñedo homenaxea este sábado a Juan Puchades

Así, a alcaldesa, a popular Elena Candia, presidirá mañá a inauguración da exposición sobre o mestre que promove a Asociación Cultural Tá en Artes, cuxos integrantes visitaron hoxe a Casa Consistorial. A mostra inaugurarase ás 19:00 horas no Pazo Santomé, antiga casa cuartel. Trátase dunha exposición de artistas que foron alumnos de Juan Puchades Quilis. A rexedora, Elena Candia, agradece todos os actos cos que se pretende poñer en valor a figura de Puchades tras case 40 ano de docencia no IES San Rosendo. O Concello de Mondoñedo colabora tamén na edición dun libro-homenaxe sobre o mestre baixo o título: ‘Juan Puchades Quilis. Mestre de artistas’. No acto participan, ademais da alcaldesa, membros da asociación Cultural Tá en Artes, os artistas que forman parte da mostra, Antonio Reigosa e o propio Juan Puchades.

Exit mobile version