Site icon Crónica3.com A Mariña

O Consello Superior de deportes realiza exames de grados en San Cibrao

Cervo, 19 de Marzo de 2018. Unha vez máis Cervo convertiuse en centro das miradas no mundo das Artes Marciais tanto a nivel autonómico coma nacional, e é que o concello cervense e concretamente a localidade de San Ciprián, celebrou esta fin de semana exames de cinturón negro dende 1ºDAN a 5ºDAN de Nihon TaiJitsu, durante o ano so cidades coma Madrid, Valencia e Cádiz serán sedes de exames de este Arte Marcial, o que fai destacar máis á poboación cervense cunha poboación claramente inferior á destas grandes urbes. O Consello Superior de Deportes e a RFEK e DA desplazouse á sede da mariñana ante a presencia de 5 aspirantes da zona, o madrileño afincado en Cervo Miguel A. Rojo, os vivairenses Abraham Rivera e Joel Romero, o ribadense Héctor Peña e o cervense Marcos González, todos eles integrados na Asociación de Artes Marciales Orientales da Mariña, que aspiraban a 5ºDAN, 3ºDAN, 2ºDAN e 1ºDAN. A representación por parte do CSD e da RFEK recaeu en Javier García Roves, Javier Moreno e Agustín Martín, os tres xuíces pasaron a fin de semana evaluando os aspirantes mariñanos e a outros tres aspirantes chegados dende Medina del Campo na provincia de Valladolid. Cabe destacar o 5ºDAN alcanzado por Miguel A. Rojo cun examen de máis de unha hora donde explicou e ensinou Kuatsu, arte de resucitar, aplicado ao Nihon TaiJitsu. Tamén os outros aspirantes mariñanos alcanzaron o seu novo grado aprobando o exame consistente en aplicar técnicas frente a distintos tipos de ataques seleccionados ao azar polo tribunal así coma a realización de katas dentro do programa técnico e combates, chamados randoris, tanto preparados que consistiron en combates de minuto e medio encadenando técnicas e os improvisados consisten en realizar combates contra seis persoas mentres o aspirante está no centro dun círculo rodeado polos adversarios. O tribunal destacou a vontade e o espírito posto polos aspirantes que prepararon o exame durante todo o último ano e desexoulles poder ver a evolución e pronto encontrarse nun novo examen para aumentar de grado.

Exit mobile version