Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno da Deputación ultima un ciclo formativo sobre a nova Lei de protección e benestar dos animais

O Deputado de Cooperación cos Concellos e Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, participou este mércores nunha reunión con técnicos provinciais e membros da Garda Civil e a Policía Autonómic​a, para abordar a organización ​dun ciclo formativo​ sobre a tenencia responsable de animais e os aspectos da nova Lei 4/2017 de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia.​ ​​Estes coloquios, organizados polo Goberno Provincial, organizaranase durante os meses de abril e maio por toda a provincia de Lugo​, co obxectivo de concienciar á cidadanía sobre a necesidade dunha correcta identificación dos animais e abordar as problemáticas existentes ao respecto.

Exit mobile version