Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Municipal Popular denuncia “o cinismo” de Patricia Otero, quen anuncia que secunda a folga e, sen embargo, ten sen executar moitas liñas do IV Plan de Igualdade

Burela, 8 de marzo de 2018.- O Grupo Municipal Popular de Burela manifesta, coincidindo co Día Internacional da Muller, o seu apoio ás reivindicacións en materia de traballar pola igualdade entre mulleres e homes e rematar coas fendas salariais e sociais existentes.

Ao mesmo tempo, os populares denuncian “o cinismo e a incapacidade” da concelleira de Igualdade, Patricia Otero, pois, “mentras presume de actividades neste Día, ten sen executar moitas liñas do IV Plan para a Igualdade entre Mulleres e Homes do Concello de Burela 2015-2017, elaborado polo anterior goberno municipal do PP, en marzo de 2015, anuncia que secunda a folga convocada para hoxe”; cuestión esta última que, como non podía ser doutro xeito, os populares “lle recoñecemos como dereito, pero si que criticamos que non faga pública a renuncia da contía que lle corresponde pola adicación parcial que cobra de todos os cidadáns deste concello”.

Os edís do PP reproban “a contradicción” na que incorre a edil. A este respecto, lamentan que “a Sra. Otero nin se molestou en coñecer este plan e, polo tanto, non avanzase en moitas das liñas de actuación marcadas no mesmo”. Tal é así que, nestes momentos, explican que o alcalde e a concelleira deberían estar someténdoo a trámite de consultas e aprobación. “Non hai practicamente nada feito e nin se lle agarda porque non está incluído no Plan Normativo para este ano 2018”. E é que, indican, “dende logo ao PP non se nos está convidando a nada, a pesares de que si o están a facer con outras asociación e axentes sociais do pobo”, puntualizan.

“Está en folga dende que tomou posesión”
Para os edís populares, “respectando, insistimos, os seus dereitos, resulta dificilmente entendible que esta concelleira se sume ao parón convocado, cando está en folga dende que tomou posesión, xa que nin nada novo leva feito en materia de Igualdade e Servizos Sociais, nin fixo o que tiña que facer e, por riba, destacan, cobra 14.000 €/ano dos petos de todos os cidadáns por unha adicación de catro horas diarias ao Concello”.

Con todo, os populares queren deixar claro que “non temos nada en contra de que secunde a folga, está no seu dereito, pero se o fai temán agardamos que teña o xesto, que de momento non o tivo, de renunciar por escrito ao que lle correspondería percibir polo día de hoxe, sexan dez euros ou cen. Porque ir a unha folga e cobrar por ir, non é demasiado presentable”. De feito, sinalan, “non estaría mal que fixera público o escrito que acredite dita renuncia”.

“Perda de tempo, de cartos e ata de talento”
Finalmente, o Grupo Municipal do PP manifesta a súa decepción con esta concelleira, xa que “ter unha edil cobrando a cantidade indicada para soster pancartas, ir a folgas, cobrar por non traballar, non ter ningunha iniciativa propia, e estar no Concello para non se sabe exactamente que, é unha perda de cartos, de tempo, e ata de talento”, conclúen.

Exit mobile version