O BNG considera esta medida un novo atraco, ademais de significar a constatación do pouco que esta comarca lle importa ao goberno do Estado, á que sigue condeando a circular por estradas de hai medio século, e adiando ano tras ano o inicio da Autovía Barreiros-San Cibrao.
O BNG tamén presentou recentemente alternativas ao Fiouco, propoñendo a prolongación do terceiro carril na subida da Xesta, na N-634, e presentando iniciativas no concello de Mondoñedo e na Deputación de Lugo, sendo aprobadas por unanimidade de todos os grupos.
Hai que defender A Mariña fronte ao Goberno do Estado
Para o BNG, o Ministerio de Fomento tén que aportar solucións xa ao problema que só e únicamente eles crearon no seu día con este trazado, independentemente de quen fora o responsable no seu día do trazado, tanto no seu deseño coma na súa execución, porque a responsabilidade do goberno do Estado estivo sempre en mans dos mesmos partidos, e a Mariña nunca saíu benficiada en materia de infraestruturas, gobernara A ou gobernara B. Neste sentido, @s nacionalistas tamén se referiron á situación de minoría na que se atopa o goberno de Rajoy, e sen orzamentos aprobados, polo que o BNG fai un chamamento a todas as forzas políticas con representación no Congreso e aos seus representantes lucenses para que fagan valer os intereses da Mariña. Será a proba de se están con esta comarca ou non.