Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro amosa a súa satisfacción pola ubicación dunha area para autocaravanas e a renovavión de aparatos na piscina, gracias as propostas feitas polo grupo

Viveiro, a 17 de marzo de 2018. O PP de Viveiro mostra a súa satisfacción porque dúas propostas que levamos a través de sendas mocións en diferentes Plenos, se están a executar.

Falamos en primeiro lugar, tal e como recollían os medios de comunicación no día de onte, da creación dunha area de autocaravanas xunto o pavillón polideportivo municipal, tal e como demandábamos a través dunha moción presentada polo noso grupo no pleno de 3 de maio de 2017 e que fora aprobada por todos os grupos, a excepción do de SON Viveiro que se abstivera. Nesa moción propoñiamos a localización dun lugar axeitado para a creación da devandita area, dado o auxe do sector de turistas que adoitan viaxar neste tipo de vehículos, e que sin dúbida virá a reforzar a oferta dun concello turístico coma o noso.

A outra boa nova que aparecía recollida onte nos distintos medios, e que será ainda máis celebrada polos usuarios que así o demandaban, era a renovación de trece aparatos – 10 bicicletas estáticas, 2 elípticas e unha cinta de correr – no ximnasio da piscina municipal, tal e como solicitaramos nuha moción presentada polo noso grupo no pleno de 16 de novembro de 2017, na que, e a petición de varios usuarios da mesma, lle solicitábamos ó equipo de goberno socialista a reposición e mellora de aparatos no mencionado ximnasio. Dita moción foi apoiada co seu voto favorable por todos os grupos da corporación, a excepción de SON Viveiro que votou en contra.

Estamos pois ante unha mostra da oposición levada a cabo polo grupo popular no que vai de mandato, onde conxugamos a labor de control o goberno, exercendo a crítica constructiva cando é necesaria co ánimo de mellorar o modo de actuar do equipo de goberno socialista, e o mesmo tempo facendo propostas que melloren as condicións de vida dos nosos veciños.

Exit mobile version