Site icon Crónica3.com A Mariña

O Praias de Barreiros fai piña de cara ó tramo decisivo da tempada

Barreiros 8-3-18. Os de Jose Antonio Fernández defenden liderato da Preferente Galicia Norte. A falta de tres xornadas para o remate da competición o conxunto de Barreiros lidera a táboa con 39 puntos, seguido moi de preto polo seu rival da próxima xornada, o Concello de Begonte, con 38 puntos.

A expensas do resultado deste decisivo enfrontamento atópanse o Jogafan Ordes (34 puntos) e o Union GR9 (33 puntos). Por iso todos os focos da Prefrente Galicia Norte de fútbol sala estarán o próximo sábado 10 de marzo (20:00 horas) no Pavillón de Baamonde, onde as dúas escadras máis en forma da liga loitarán por unha victoria que pode resultar prácticamente decisiva de cara ó título final.

Por todo iso, os de Barreiros aúnan forzas en torno ó vínculo formado polo clube, afición e patrocinadores. Un claro exemplo de sustento fundamental para o presente do clube é o Restaurante 0’Asador del Alba, lugar onde xogadores e corpo técnico fixeron piña para afrontar o máis unidos posible a cita vital do próximo fin de semana. Un encontro onde o Praias non estará solo, xa que está previsto o desprazamento dunha parte importante da masa social que ateiga habitualmente as gradas do Pavillón Municipal de Barreiros.

Exit mobile version