Site icon Crónica3.com A Mariña

O Praias de Barreiros proclámase campión de Preferente e acada o ascenso a Terceira División

Barreiros 19-3-18. O conxunto barreirense impúxose con claridade ó Covirán Quiroga o pasado sábado e festexou o título de liga e o consecuente ascenso de categoría no Pavillón Municipal.
Unha victoria bastaba para certificar de maneira matemática o primeiro posto da Prefente Norte, tralo decisivo triunfo acadado na pasada xornada ante o Begonte, e os de Juan Antonio Fernández non quixeron esperar ata a derradeira xornada da competición. Os barreirenses luciron toda a pegada da que venen disfrutando no último treito da competición e impuxéronse con claridade ó Covirán Quiroga (9-0), un encontro marcado pola gran presencia de público nas gradas que levou en volandas ós mariñáns.
Tralo pitido final os xogadores celebraron o título de liga e o ascenso a Terceira División na pista e máis tarde compartiron os festexos coa afición.
O Praias de Barreiros despidirá a temporada regular visitando a pista do Troula Betanzos F.S o próximo sábado 24 de marzo.

Exit mobile version