Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo consegue que o Concello impulse bonificacións de impostos ás asociacións locais que realicen obras de interese municipal e veciñal

Cervo, 23 de marzo de 2018.- O voceiro do PSOE de Cervo, Francisco Mon Fernández, avanzou este venres que o socialistas conseguiron no pleno celebrado onte, que o Concello impulse bonificacións ás asociacións locais sen ánimo de lucro que realicen obras no municipio de interese social. Trátase dunha iniciativa coa que o PSOE de Cervo busca promover a actividade dos colectivos sociais.

Os socialistas de Cervo presentaron unha moción ao Pleno na que promovían a bonificación ou a exención dos impostos de Construcións, Instalacións ou Obras, as entidades sen ánimo de lucro sempre e cando estes colectivos acometan obras de titularidade veciñal, interese municipal, ou de interese social para a comunidade.

O voceiro destacou que “como sempre defendemos, as medidas de incentivos na redución de impostos en concreto nas de construcións, instalacións ou obras, ICIO, dirixidas exclusivamente a empresas; non deben ser discriminatorias para ao resto de colectivos do Concello de Cervo, pois somos coñecedores da importancia dos servizos que ofrecen aos veciños, suplindo en moitos casos as labores do Concello, e da imposibilidade e dificultade de asumir actuacións debido ao seu carácter non lucrativo e o seu escaso presuposto. O PSOE de Cervo denuncia ademais que moitas destas asociacións realizaron obras dun claro interese social e municipal en instalacións de titularidade municipal.

“Coa moción que presentamos ao Pleno, e que contou co respaldo do PP, buscamos reforzar e recoñecer o labor que o tecido asociativo realiza no noso Concello, e que é de vital importancia para o impulso do benestar social”, apuntou o voceiro.

Exit mobile version