É certo que se trata dun moi ambicioso propósito, que na súa procura esixiría o troque, paseniño, no comportamento que a Humanidade ven observando dende os seus albores, e que no S.IV a. de C. fixera decir ó filósofo romano Séneca: “Vivir é guerrear”.
A complexidade do enunciado, cos incontables atrancos que leva implícitos, acaso imposibilite o logro, en toda a súa dimensión, de tan nobre anceio. De ser así, hoxe a nosa Sociedade, tan conflictiva e agresiva, mesmo no entorno que nos resulta mais próximo, marcharía hacia uns comportamentos mais humanos, mais tolerantes, respetuosos e considerados que, cando menos en boa medida, fixeran esquecer a afirmación de Séneca, para propiciar outra sentencia que relacione o vivir co encontro civilizado entre as persoas: o diálogo, o respeto e tolerancia; é decir, aquelas condicionantes para unha convivencia armónica que non xenere violencia.
O logro da paz humana pasa pola toma de conciencia de cada individuo, e ha de comezar por nós mesmos. Non esquezamos que esa vontade ha de artellarse partindo da realidade cotiá, rachando con toda actitude que amose unha mínima mostra violenta ou belicosa nas nosas relacións persoais, familiares, económicas, culturais, deportivas, co medioambiente; o patrimonio artístico e cultural ou as distintas ideoloxías; etc. Difícilmente se pode aspirar a unha paz integral se dalgún xeito cultivamos siquera un asomo de violencia.
Naquela focega “1ª Marcha Pola Paz no Mundo”, tivera especial relevancia a presencia estudiantil, como corresponde a unha xuventude sempre altruista e sempre xenerosa: xuventude é sempre a eterna esperanza dun mundo mellor…