Site icon Crónica3.com A Mariña

O secretario xeral do PSdeG e máis de 20 alcaldes socialistas das áreas sanitarias suprimidas asistirán ao debate final da reforma da Lei este martes en Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 18. O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, emprazou hoxe ao PP a incluír na reforma da Lei de Saúde que se debaterá mañá martes o catálogo de servizos que garanta unhas prestacións mínimas iguais en todo o territorio de Galicia. O responsable socialista anunciou que o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e máis de 20 alcaldes das áreas de Monforte, A Mariña, O Salnés e Valdeorras seguirán o debate na tribuna de invitados.

O responsable socialista lamentou que o PP “non quixera impedir por Lei que se producira a redución de servizos sanitarios” negociando a emenda dos socialistas que incorporaba un catálogo de servizos “posible e realista”. O PP, dixo, rexeitou a máis de 100 aportacións da cidadanía, e das máis de 100 emendas da oposición, tan só aceptou 3 e transaccionou unha.

Fernández Leiceaga ligou o debate da sanidade pública á reforma do financiamento autonómico, que de acordo coa Comisión de Expertos do Goberno precisaría un mínimo de 16.000 millóns de euros adicionais. Isto suporía máis de 1.000 millóns de euros adicionais para os orzamentos da Xunta de Galicia que permitirían mellorar as prestacións sanitarias, educativas e de servizos sociais.

Exit mobile version