Site icon Crónica3.com A Mariña

Ortuzar recibe en Sabin Etxea a Piñeiro Docampo, Secretario Xeral de Compromiso por Galicia

ReuniónSantiago de Compostela 2-3-18. O presidente do Euzkadi Buru Batzar, Andoni Ortuzar, e o burukide responsable da Área de Organización, Joseba Aurrekoetxea, recibiron esta mañá en Sabin Etxea a unha delegación de Compromiso por Galicia integrada polo Secretario Xeral, Piñeiro Docampo, e polo Secretario de Organización, Orlando Villamayor. O encontro, que se prolongou durante unha hora, enmarcase nas excelentes relacións que manteñen ambas formacións, que concorreron en coalición nas Eleccións Europeas de 2014, estratexia que entra na histórica aposta do EAJ-PNV por manter vivo o espírito de Galeusca.

As Eleccións Europeas que se celebrarán no 2019 e a posibilidade que ambas formacións volvan a formar parte dunha mesma coalición foi un dos asuntos abordados no encontro de hoxe. Tanto EAJ-PNV como Compromiso por Galicia comparten desexo e vocación porque así sexa. A situación política en Galicia, onde o nacionalismo e galeguismo vive un período de reposicionamento das forzas que o integran, estivo tamén sobre a mesa. Pola súa parte, os dirixentes jeltzales informaron aos representantes de Compromiso dos traballos da Proposta de Autogoberno no Parlamento Vasco. Ortuzar e Piñeiro emprazáronse a manter un próximo encontro na vindeira primavera.

Exit mobile version