Site icon Crónica3.com A Mariña

Penúltimo sorteo de agasallos da ruta dos viños, que se celebra en 8 locais hostaleiros das Rúas Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña, de Foz. E entregados tamén os premios aos afortunados do pasado 12 de marzo

Foz, 19 de marzo de 2018. Hoxe, luns, celebrouse o cuarto sorteo de agasallos da Ruta de Viños que se desenvolve ata este sábado, 24 de marzo, en 8 establecementos hostaleiros das rúas Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña.
As afortunadas desta xornada foron María Ofelia Alonso García, que disfrutará dunha cea para 5 persoas en pizzería Xoíña, e Mar Otero, que obtivo 3 vales de 20 euros cada un para consumir en Anduriña, Express e Mayros.
Tamén este luns tivo lugar a entrega dos premios aos gañadores do sorteo celebrado o 12 de marzo. Atilano Fernández e Miguel Rodríguez, recibiron os seus premios de mans de Augusto Ernau, de Happy Days; de Mari Trigo, de Anduriña; e de Mari Chao, de Dandy.
Na Ruta dos Viños de Foz participan: Leyton, Mayros, Xoyma, Dandy, Happy, Express, Anduriña e Xoiña. Para incentivar que a xente acuda a esta cita os hostaleiros fan cinco sorteos en Radio Foz, empregando o sistema de extracción de cartulinas. Cada semana hai dous premios: 1 vale para cear 5 persoas por valor de 100 euros nun dos restaurantes que participan nesta iniciativa e 3 vales por valor de 20 euros cada un para consumir nas cafeterías Mayros, Express e Anduriña.
Os organizadores lembran que “este sábado, día 24, remata esta Ruta de Viños polo que a clientela dos nosos locais dispón da última oportunidade para selar e depositar os cartóns completos”.
Os sorteos e as entregas de premios da Ruta dos Viños teñen lugar en Radio Foz. O último sorteo será o 26 de marzo.

Exit mobile version